III.— A concencia do noso pecado
"Amigos da fala, enamorados de Galicia: non votedes â xente de fora culpas que non teñen. [...]
Comecemos por ter concencia do pecado —abandono, encollemento, cuquería; langranería por arroas— qu'e o introito do arrepentimento. Se pensades qu'os culpabres son outros, seguiredes na indifrencia agardando qu'os outros remedien o mal que pensamos que nos fixeron. "
Extracto do terceiro punto [A concencia do noso pecado] do discurso pronunciado por Luís Porteiro Garea no acto fundacional da Irmandade da Fala en Santiago de Compostela o 28 de maio de 1916
No punto terceiro do seu discurso Porteiro Garea fai unha chamada á acción, advertindo que non podemos culpar os de fóra dos nosos problemas. O cantautor Ricardo Parada fará unha pequena selección de cancións e poemas musicados que recollen este espírito dunha Galiza que quere empoderarse. Entre eles estará o poema que o vate Ramón Cabanillas lle dedicou a Porteiro Garea e que leva por título “En pé”.
O concerto terá lugar na rúa do Vilar, diante do edificio onde estaba establecido o Círculo Obreiro, local onde se reuniu por primeira vez a Irmandade da Fala compostelá, o 28 de maio de 1916.
MÚSICA. Concerto de Ricardo Parada
Lugar: Rúa do Vilar, 21
Horario: 12.40 / 17 / 18 h