VI.- Cuestiós interiores. Síntesis
" Todol-os probremas d'orde exterior envolven en sí centos de probremas interiores. Parecerá raro, pro é certo: cando un pobo está chamado pol-a marcha da cultura do mundo a ocupar unha posición ventaxosa, é cando percisa maor patriotismo, máis alto e nobre conceuto de sí, maor empreño en enmprir o papel pra que o destina á Hestoria"
Extracto do sexto punto, "Cuestiós interiores. Síntesis", do discurso pronunciado por Luís Porteiro Garea no acto fundacional da Irmandade da Fala en Santiago de Compostela o 28 de maio de 1916.
Neste punto do seu discurso, Porteiro Garea pide que teñamos unha mellor valoración do noso pobo. No centenario da fundación da agrupación local das Irmandades da Fala queremos asumir a importancia do labor feito por estas persoas que decidiron, hai cen anos, poñer en valor a nosa cultura e a nosa lingua. Por iso, é hora de reivindicarmos aos que reivindicaron.
"Memorial" é un proxecto gráfico de Exclusivas MBG para a Cidade Histórica de Santiago durante a xornada do 28 de maio, día en que se colocarán, en diferentes localizacións unha serie de afiches cos retratos de diversas persoas vinculadas ás Irmandades da Fala.
INTERVENCIÓN ARTÍSTICA: MEMORIAL, por Exclusivas MBG
Lugar: Cidade Histórica
Horario: todo o día