VIII.— A industria e o traballo

"Se vades facendo esa lus na concencia de que vos faléi, verês cómo a nosa industria está afogada pol-o arancel proteutor d'outras rexiós." 
 
Extracto do sétimo punto "A industria e o traballo"  do discurso pronunciado por Luís Porteiro Garea
no acto fundacional da Irmandade da Fala en Santiago de Compostela o 28 de maio de 1916

 

No discurso inaugural da Irmandade compostelá, Porteiro Garea fixo unha análise da situación económica de Galicia no seu momento.

Inspirándose nos puntos sete (O capital) e oito (A industria e o traballo) do discurso pronunciado por Luís Porteiro Garea, Anxo García, director do Teatro da Ramboia, recreará un antigo titiriteiro cos seus cristobos. 

Nos mesmos anos nos que aparecían as Irmandades da Fala e Luís Porteiro Garea redactaba o seu discurso, cegos e titiriteiros percorrían Galicia cos seus sinxelos espectáculos de monicreques representando as farsas de cachiporra dos cristobos. Barriga Verde estaba aínda comezando a súa andaina e axiña substituiría esta outra denominación dos monicreques tradicionais. Como posibles restos destas antigas representacións quedan, no noso folclore, os chamados parrafeos. 

MONICREQUES: PARRACEOS, por Teatro da Ramboia

Lugar: Praza de Fonseca

Horario: 12.20 / 17 / 18 h
 

TEATRO DA RAMBOIA é unha compañía de espectáculos unipersoal creada coa intención de contrabandear ideas e imaxes a través das fronteiras existentes entre o teatro de marionetas e calquera outra forma de expresión.