VII.— O capital galego
"Ouiríades moitas veces falar do antipatriortismo da clas traballadora; ¿pro hai nada máis antipatriótico qu'o capital? ¿Hai nada a quén se chame con tanto intrés en momentos críticos com'os cartos? E ben: ¿qué fixeron a maoría dos nosos homes de cartos, ou os banqueiros qu'os dirixen?... Poñer os seus aforros en valores extranxeiros"
Extracto do sexto punto "O capital galego" do discurso pronunciado por Luís Porteiro Garea no acto fundacional da Irmandade da Fala en Santiago de Compostela o 28 de maio de 1916
Desde as Irmandades da Fala ata os nosos días pódese afirmar que o “capital” de Galicia non é galego. Por que o beneficio derivado dos investimentos realizados en Galicia marcha para fóra? Por que non resulta o suficientemente atractiva Galicia para o capital galego?
Na mesa redonda que se propón para desenvolver este punto, vanse a expor argumentos e realidades identificativas da evolución do capital en Galicia, do capital en sentido económico amplo.
MESA REDONDA: O "capital" en Galicia hoxe: A herdanza das Irmandades da Fala
Participan: Rosa Mª Regueiro Ferreira • Xosé Ramón Doldán García • Manuel Jaime Barreiro Gil
Lugar: Instituto Rosalía de Castro
Horario: 12 h
ROSA Mª REGUEIRO FERREIRA é doutora en economía pola USC e profesora de economía aplicada na UDC e na Universidade Isabel I. Traballa en desenvolvemento sostible inclusivo e é responsable científica dun proxecto Horizon 2020 sobre enerxía renovable no rural, membro da Rede Cost Energy da UE.
XOÁN RAMÓN DOLDÁN GARCÍA é profesor titular de economía aplicada da USC, traballa en desenvolvemento sostible. Pertence á directiva da Rede de Economía Ecológica de España e foi director do Instituto Enerxético de Galicia.
MANUEL JAIME BARREIRO GIl é profesor titular de historia económica da USC, ten unha ampla experiencia docente, e tamén de cargos públicos. Destaca o seu labor no ámbito das infraestruturas de transporte.