V.— A nosa posición n-o mundo
" vivirá esa cultura bebendo n-as fontes perenes da vella Europa, establecéndose un intercambio antro'os mundos novos e os d'antano —económino, centífico e artístico— que dará vida e groria âs nacións con portos europeos pretos ô curazón da humanidade renacente"
Extracto do quinto punto, "A nosa posición n-o mundo", do discurso pronunciado por Luís Porteiro Garea no acto fundacional da Irmandade da Fala en Santiago de Compostela o 28 de maio de 1916.
A partir do texto de Porteiro Garea, Xoana Almar e Miguel Peralta, integrantes da cooperativa Cestola na Cachola, farán unha pintura de gran formato ao vivo na praza de Cervantes. A técnica é acrílico sobre táboa.
INTERVENCIÓN ARTÍSTICA: Pintura ao vivo, por Cestola na Cachola.
Lugar: Praza de Cervantes
Horario: desde as 12 h
XOANA ALMAR e MIGUEL PERALTA coñecéronse na Escola de Arte de Granada facendo o ciclo superior de ilustración no 2008. Desde aquela traballan xuntos no eido da pintura combinando a creación individual coa conxunta. No 2013 constituíron, xunto a Raquel Doallo, a cooperativa galega Cestola na Cachola, na que desenvolven a parte artística: murais, deseño de imaxes para estampar sobre roupa, ilustración de contos, carteis, pinturas, serigrafías...